Efemérides 1973
PONTEVEDRA-GALICIA
- Inaugúrase o Colexio Nacional de Campolongo. A 1ª directora é a teresiana Mª Jesús Sánchez García.
- Créase o centro UNED na nosa cidade de Pontevedra.
- Ponse o nome de Sánchez Cantón ao Instituto Masculino de Pontevedra
- Comezan os Premios Amigos de Pontevedra.
- Ascende por 1ª vez o Teucro a Primeira División. O clube naceu oficialmente o 4 de maio de 1945.
- O Hotel de Mondariz é consumido polo lume.
- Fai 100 anos (1873) que se inaugurou o primeiro camiño de ferro galego. 42 km que unían a estación de Cornes, hoxe Compostela e na altura do Concello de Conxo, con Carril, en Vilagarcía.
- O alcalde de Pontevedra deste ano foi Augusto García Sánchez (dende 1970 até 1974).
- Letras Galegas: Manuel Lago González.
ARTE: - Estréasen as películas: `Las Amazonas´, título orixinal: `Le guerriere dal seno nudo´, `El Golpe´, `O desexo de Vivir´, `O espírito da colmea´, `Xesucristo Superestar´, `Los tres mosqueteros´, `Papillón´, `Robin Hood´. `O Exorcista´.- O 10 de xaneiro de 1973 o cineasta español Luís Buñuel é galardoado en Hollywood co oscar ao mellor filme estranxeiro polo “Discreto encanto da burguesía”..
- O 8 de abril de 2023 cúmprese o cincuenta aniversario do falecemento do artista español Pablo Picasso.
- O 8 de novembro do 1973 inaugurouse o Museo Louvre
- 23 de decembro. Morre o pintor Urbano Lugrís.
- Andy Warhol pinta a Serie Mao Tse-Tung. Serigrafía.
- Diaz Pardo pinta `Xentes que van a combater a zarroseira´ e Miró `Muller, paxaro e estrela´.
CIENCIA: - O 6 de abril de 1973 en Cabo Cañaveral, a NASA lanza a nave espacial Pioneer 11 e nese mesmo ano recibe da Pioneer 10 as primeiras imaxes do planeta Xúpiter - O 30 de xuño de 1973 eclipse total de Sol, cunha totalidade de máis de 7 minutos. A próxima vez que sucederá unha totalidade tan longa será dentro de 177 anos, o 25 de xuño de 2150.
DEPORTES:
O FC Barcelona logrou o seu noveno campionato, rompendo unha seca ligueira de catorce anos. Comezou a xogar Johan Cruiff.
- 20 de xullo . Morre Bruce Lee, artista marcial e actor estadounidense.
- O 22 de xullo de 1973 o ciclista Luís Ocaña gaña o Tour de Francia, e convértese no segundo corredor español que o consegue.
LIBROS: - Sae o comic `Axterix en Córcega´.
- Saen ao prelo on Contos a máquina, de Gionni Rodari.
MÚSICA: De Fórmula V: `Eva María se fue`´. Do galego Andrés Dobarro, do ano 1973 temos : Me estoy volviendo loco / A máis belida da vila - Si vienes a San Simón / As namoradiñas.
- O 14 de xaneiro de 1973 en Estados Unidos, Elvis Presley leva a cabo o primeiro concerto da historia transmitido vía satélite ao mundo no chamado Aloha de Hawaii.
- O 24 de marzo de 1973 en Inglaterra, a banda de rock progresivo Pink Floyd publica The Dark Side of the Moon.
A banda de rock Queen publica a canción que se considera o seu primeiro gran éxito, Killer Queen.
Festival de Eurovisión: Como parte das regras do concurso, introduciuse a posibilidade de interpretar o tema nun idioma diferente ao do país de orixe do cantante. Este ano foi a primeira participación de Israel no festival. Debido aos tristes incidentes ocorridos nos Xogos Olímpicos de Múnic 1972, a cantante deste país viuse rodeada dunhas ríxidas forzas de seguridade (correu a lenda durante décadas de que levaba un chaleco antibalas baixo o seu vestido, aínda que ela desmentiu o mito). O evento estivo marcado por un escándalo: a canción española "Eres tu" de Mocedades foi acusada de ser un plaxio. Quedou de segunda no festival. A pesar de todo, a canción converteuse nun gran éxito a nivel mundial, chegando a superar mesmo á canción gañadora. Foi o primeiro festival emitido en cor en España.
- O 16 de setembro de 1973 morre o cantautor e director teatral chileno, Víctor Jara.
RECORDS: O 29 de novembro de 1973 sobre Costa do Marfil, un voitre moteado choca cun avión que voaba a 11.277 metros. Isto convérteo no ave capaz de voar a maior altitude en todo o mundo.
OUTRAS EFEMERIDES:
- É o Ano do boi para os Chinos.
- Nace Sudán, último exemplar macho de rinoceronte branco do norte.
- Crease a «Europa dos Nove», ao incorporarse á CEE (Comunidade Económica Europea) o Reino Unido, Irlanda e Dinamarca. España aínda non pertence por estar na ditadura de Franco. Solicitou entrar en 1977 e conseguiu acceder en 1985.- O 9 de marzo de 1973 España e China restablecen relacións diplomáticas.
- No Reino Unido comeza a aplicarse o IVE (imposto ao valor engadido).
- En Vietnam o último soldado estadounidense abandona o país tras a derrota estadounidense na guerra de Vietnam.
- O 10 de maio de 1973 no Sahara Occidental créase a Fronte Polisario
- O Xeneral Franco vai preparando a súa sucesión e nomea ao almirante Luís Carrero Blanco como 1º presidente do Goberno baixo o seu mandato , este sufre axiña un atentado mortal por parte da banda terrorista ETA e nese mesmo ano pasa a ser Carlos Arias Navarro o novo presidente.
- Nace Monica Lewinsky, empresaria estadounidense, recoñecida polo seu caso co presidente Bill Clinton.
- Deixase de fabricar o Seat 600.
- Guinea-Bisáu independízase de Portugal.
- En Orlando (Florida) ―no marco do escándalo Watergate― o presidente Richard Nixon mente ante 400 xornalistas de Asociados da prensa: «Non son un lercho». Finalmente será descuberto, o que o obriga a renunciar á presidencia do país.
- A homosexualidade deixa de ser considerada unha enfermidade.
- Comeza o aínda existente programa da TVE Informe Semanal.