Saltar la navegación

Aprendín

Letra en Pdf

Con voz e letra (descargar en mp3)


Instrumental con letra (descargar en mp3)


E así é como o recordo:
no deserto perdido un neno apareceu,
e coa súa maneira de entendelas cousas abreume un mundo de ilusión.

Quizáis tan só foi un soño,
delirio que a sede provocou.
Mais algo dentro de min retumbou
ao sentir o sorriso forte del.

Foi como aprendín
que todo está en min.
E si o queres oír está dentro de ti,
basta con querelo sentir.

Foi como aprendín
que os nosos ollos non ven o esencial,
que o que quero aprender é a amar
e ser feliz.

Quen sabe se foi real
cando falaba de rosas e de baobas
ou raposos mellores amigos,
si se deixaban domesticar.

Non respondía ás miñas preguntas
e logo ficaba calado e non máis.
Fun entendendo que as cousas pequenas
son en realidade as máis esenciais.

Foi como aprendín
que todo está en min.
E si o queres oír está dentro de ti,
basta con querelo sentir.

Foi como aprendín
a ollar o mundo doutro xeito diferente.
Iso fíxoo el.

Foi como aprendín a recordar
que eu tamén neno fun.
As persoas grandes somos así.
Adoitamos a esquecer.

Foi como aprendín
que os nosos ollos non ven o esencial. Que o quero é aprender a amar
e ser feliz.

El ensinoume a sentir.



Creado con eXeLearning (Ventana nueva)