• TRABALLO: O alumnado é autonomo na realizacón dos exercicios do libro. Cada un vai ao seu ritmo, tendo en conta a data límite. Si algo non entenden rodean o exercicio e logo preguntan todo xunto. Non lles deixo preguntar á primeira de cambio porque é necesario que desenvolvan a capacidade de autonomía que está ligada ao esforzo de deben facer de comprensión lectora dos contidos do libro e dos enunciados dos exercicios.
  • DÚBIDAS DO ALUMNADO: Cando as familias solucionemos dúbidas non se trata de que lle expliquemos o que hai que facer nos exercicios. A maior parte das veces non leron o enunciado ou o contido necesario. A mellor forma de axudalos é asegurarnos de que len de xeito comprensivo o enunciado dos exercicios e que reflexionen sobre o que alí se lles solicita. Tárdase máis pero é máis efectivo a longo prazo. Si despóis de moito tentalo seguen sen entendelo podemos facerlle un exemplo sen explicarllo (ás veces é un bloqueo mental que se soluciona cun exemplo).
  • CORRECCIÓN: Neste proceso si un exercicio ten que ser revisado márcoo cunha liña vertical, de xeito que logo poida ser convertido nunha “B” cando o alumno o corrixe. Para axudalos na primeira páxina do libro márcolle o número da páxina que deben revisar para que non lles quede ningún exercicio sen corrixir.
  • CRITERIOS DE CORRECCIÓN: O libro de Pezas é moi fácil para eles. Os criterios que utilizo son:
    • Ten que estar en galego. Si está en castelán deben repetilo.
    • Ten que estar escrito con boa letra. Si non se entende ou sabemos que poden facer mellor letra deben repetilo.
    • Deben comezar os textos no inicio da pauta. Si comezan na metade deben repetilo.
    • Debe estar en minúsculas, si está en maiúsculas deben repetilo.
    • Deben comezar con maiúscula ao comezo das oracións. E tamén utilizar maiúscula nos nomes propios. Senón deben repetilo.
    • Lóxicamente, a resposta debe ser correcta.
Última modificación: luns, 16 de marzo de 2020, 3:41 PM