TAREFA: Fabricar un xoguete (1)
Moi boas!
Durante estas dúas semanas, imos a traballar o tema do reciclaxe, e polo tanto, imos fabricar uns xoguetes con material de refugallo que podedes ter por casa e co que ademais despois podedes xogar para intentar estar o mais activ@s posible!
Como vos digo, estas actividades buscan fabricar xoguetes cos que xogar, pero así de entrada, parecen mais de plástica, polo que a profe María, faise tamén partícipe nesta actividade, e como podedes ver nos vídeos, aproveita para seguir aprender inglés con Arts.
Eu cada semana mandarei 5 vídeos explicándovos como facelos, pero só preciso que fagades 1 como tarefa. Se vos animades a facer mais, sería xenial, pero iso xa depende de vós.
Para eu saber que facedes o traballo, preciso recibir unha fotiño ou un vídeo, para isto, podedes directamente axuntala aquí, ou se vos é mais cómodo podedes enviarma por correo electrónico a evaad@edu.xunta.es, ou a evalvadi@gmail.com.
* SEN PRISA! Non hai datas! Esto busca estar un pouco en contacto, darvos material co que traballar e estar entretid@s!
Espero vervos, e que estas tarefas vos axuden a pasalo un pouquiño ben.
Moitas apertiñas e agarimos!