4. A proba

 Proba

A actividade da proba permítelle a un profesor crear as probas que comprenden preguntas de varios tipos como escolla múltiple, coincidencia, resposta curta e numérica.

O profesor pode permitir que a proba se intente varias veces, coas preguntas baralladas ou ao chou seleccionadas do banco de preguntas. Pode estabelecerse un límite de tempo.

Cada intento márcase automaticamente, agás as preguntas de práctica e a cualificación gárdase no libro de cualificacións.

O profesor pode escoller cando e como as pistas, a retroalimentación e as respostas correctas se lles amosarán aos alumnos.

As probas poden usarse

  • Como exames de curso
  • Como miniprobas para ler deberes ou ao final dun tema
  • Como práctica de exame que utiliza preguntas de exames pasados
  • Para entregar retroalimentación inmediata sobre rendemento
  • Para autoavaliación