Temas a tratar
7. Engadir actividades e recursos
7.3. Url
URL
O módulo URL permítelle a un profesor fornecer unha ligazón web como un recurso de curso. Algo que estea libremente dispoñíbel en liña, como poden ser documentos ou imaxes, poden ligarse; o URL non ten que ser a páxina de inicio dun sitio web. O URL dunha páxina particular pode ser copiado e pegado ou un profesor pode usar un selector de ficheiros e escoller unha ligazón dun repositorio tipo Flickr, YouTube ou Wikimedia (segundo que repositorios estean activados para o sitio).
Hai un certo número de opcións de presentación do URL, incorporada ou para abrirse nunha nova xanela, por exemplo, e opcións avanzadas para pasar información, tales como un nome de alumno, ao URL, se fose necesario.
Vexa que os URL tamén poden engadirse a calquera outro recurso ou tipo de actividade a través do editor de texto.