7. Engadir actividades e recursos

7.2. Ficheiro

 Ficheiro

O módulo Ficheiro permítelle aos profesores fornecer un ficheiro como un recurso do curso. Cando sexa posíbel, o ficheiro presentarase dentro da interface do curso; se non é o caso, preguntaráselle aos alumnos se queren descargalo. O ficheiro pode incluír ficheiros auxiliares, por exemplo, unha páxina HTML pode ter imaxes integradas.

Vexa que os alumnos precisan dispor do software axeitado nos seus computadores persoais para poder abrir os ficheiros.

Un ficheiro pode utilizarse para

  • Compartir presentacións dadas na clase
  • Incluír un minisitio web como recurso do curso
  • Fornecer ficheiros de programas de software para que os alumnos poidan editalos e envialos para avaliación