Presentación

Presentación

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

Ola! 

Adianteime a escribir antes e non vin que había que presentarse.

Eu son Alba Castelo Cuesta, de Guitiriz, e son titora de 3ºB.

O curso pasado subiamos cousas á aula virtual, pero había unha persoa encargada de subilas, co cal eu non controlo nada da aula virtual e teño ganas de facelo.

En canto a Cisco si que manexaba o básico, pero hoxe aprendín algunha cousa útil máis.

Durante o confinamento aprendín vendo algún titorial a facer actividades interactivas en live worksheet e gustoume moito a páxina e a utilidade para traballar a distancia.

Do curso espero aprender cousas básicas e útiles para traballar online, haxa confinamento ou non. 

Un saúdo a todos/as.