PROCESO
Os pasos para realizar o libro colaborativo serán os seguintes:
1º. Dividiranse os anos de vida do autor entre o número de alumnos da clase, para calcular os tramos de vida a cubrir. Cada alumno estudiará o periodo da vida do autor que lle corresponda por sorteo.
2º. Cada alumno escribirá nunha plantilla que lle dará o profesor/a o que máis lle chamara a atención da vida de Valentin Paz no periodo que lle tocou estudiar. Na parte superior da mesma páxina fará un debuxo que ilustre o que escribiu.
3º. Todos os alumnos lerán os poemas de Paz Andrade seleccionados. Cada un escollerá a estrofa que máis lle guste e escribiraa no lugar correspondiente da plantilla que lle dará o profesor/a. Na parte superior fará un ddebuxo sobre a temática da estrofa elixida.
4º. Poranse en orden e numeraranse tódalas páxinas creadas. Elixirase un dos debuxos creados para as páxinas para elaborar a portada. Encadernarase o libro e depositarase na biblioteca escolar.
