Opcións de matriculación

RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación coa produción e coa comercialización dos produtos que obtén.

RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional, de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

RA3. Realiza tarefas de xestión de centros veterinarios e asistencia á atención veterinaria, segundo as características do centro e seguindo as instrucións do/da facultativo/a veterinario/a.

RA4. Xestiona a bioseguridade e o saneamento gandeiro das explotacións e analiza a normativa e os protocolos.

RA5. Controla e organiza a reprodución e a cría nas explotacións gandeiras, elaborando un plan de produción segundo a especie.

RA6. Xestiona a produción de carne e outros produtos gandeiros e aplica o plan de produción establecido pola empresa.

RA7. Xestiona a recría, o manexo e a doma de équidos, tendo en conta a relación das técnicas e dos materiais con cada fase de traballo.



Automatriculación (Student)
Automatriculación (Student)