O cómic de Maus
Símbolo da portada da novela gráfica “Maus” de Art Spiegelman. O último cómic en obter o famoso premio Pulitzer.
Maus narra dúas historias paralelas, todas elas baseadas en feitos reais. A primeira, contada polo propio autor a través do relato das complicadas relacións de Art co seu ancián pai, un home con moitos traumas do pasado. Esta historia nárrase intercalándose coa verdadeira historia, a máis escura, a que nos conta como é o ser humano en momentos de guerra, como lle sucedeu ao pai de Art sendo xudeu na Alemaña nazi.
Para facer máis incrible a novela, cada nacionalidade (alemán, polaco, xudeu…) é retratado coma un animal. Cun estilo gráfico postmoderno, é unha das novelas gráficas de obrigada lectura.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0