Licenzas dos recursos
As licenzas son importantes, porque nos permiten saber que dereitos nos cede o autor do contido, polo que é importante que vexades as posibilidades que tedes nas mans.
Visualizade a imaxe ineractiva que tedes abaixo sobre os tipos de licencia máis comúns e os significados dos elementos gráficos que hoxe en día se poden atopar en elementos comunicativos escritos e audiovisuais. Debedes saber que se non poñedes ningún tipo de licencia no voso contido (totalmente creado por vós) a licenza por defecto será “copyright”.
É igualmente interesante coñecer que as famosas licenzas de “Creative Commons” tratan unha grande variedade de posibilidades.
Por exemplo, tedes que ter en conta a atribución do material creado, tanto se é voso na súa totalidade como se é -con maior razón aínda- con elementos creados por terceras persoas.
Tamén é preciso que deixedes claro se ides deixar que se reciban beneficios económicos polo uso ou modificación do voso produto.
En terceiro lugar se permitiredes a outras persoas ou institucións facer obras derivadas dos vosos traballos como ao mellor vós mesmos facedes de obras que recolledes.
E por último, o modo en que queredes que as obras viaxen pola Rede. Aínda que se realicen obras derivadas podedes concretar de que modo permitides que isto se produza.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0