Saltar navegación

Sen homofobia, mellor

Suso e Antonio de Xornes

Na música tradicional, a homofobia é un tema recorrente. Le este fragmento dunha regueifa entre Suso e Antonio de Xornes, regueifeiros de Bergantiños. Ten en conta o texto e o contexto -tema, valores, lugar, tipo de público- e participa no foro deste Tema 3 para debater sobre a homofobia no repente galego.

.

Suso:

Ai, a historia así non foi

que el mira pola salú

pero ten unha manía

quere darme polo cu

.

Antonio:

Non o debías dicir

á vista de tanta xente

que anque naceches en Xornes

es da acera de enfrente

.

Suso:

Pois podes estar tranquilo

pois voucho contar arreo

porque tes un defectiño

hasta para maricón es feo.

.

Antonio:

Voucho dicir eu aquí

tou metido nun conflito

anque fora dese lado

nom me gustaba o teu tipo

.

Suso:

Pero tes outro problema

eu non te quería enfadar

en caso de maricón

solo vales para levar