Magosto en Herbón: vellos e distroyers
“O escenario moita cousa non che era, tampouco estaba mal. O remolque dun
JXUwMDJjJXUwMDA2JXUwMDEzJXUwMDAyJXUwMDE3JXUwMDFiJXUwMDFk
, pero dun tractor pequeno, tipo Pascualine. Era o propio, estabamos en
JXUwMDEwJXUwMDJkJXUwMDE3JXUwMDEwJXUwMDkxJXUwMDlk
, a Terra do Pemento.
O P
JXUwMDMxJXUwMDA3JXUwMDFhJXUwMDFi
, rebelde, regueifeiro, rapeador e sobre todo agricultor chamáranos para o primeiro magosto que se armaba, que el armaba na aldea.
Pinto estaba nervioso, o magosto ía ser a base de churrasco. Íanlle botar á carne un prebe brasileiro, e aínda non che estaba moi experienciado na zona.
“Comigo podes meterte pero non te metas co producto” (o producto é o pemento), este é o seu idearium para as relacións públicas. Pinto andaba contento, á súa chamada acudiran os veciños todos e un lote de
JXUwMDNiJXUwMDAyJXUwMDEzJXUwMDFjJXUwMDAxJXUwMDBjJXUwMDBiJXUwMDA3JXUwMDFj
.
(…)
Era noite enteira, unha bombilla enriba do remolque, e o Pinto que case dera armado o conxunto Os Saramagos (unha herba mala que nace co pemento) botou a súa repichoca: Nitramón
JXUwMDY5JXUwMDA0JXUwMDE5JXUwMDBjJXUwMDExJXUwMDA0JXUwMDE5JXUwMDBjJXUwMDExJXUw
MDA0JXUwMDFi
(…)
E subiron os músicos ao tractor. Viascón, bateria Diplomático, dáballe á caixa,
JXUwMDBhJXUwMGExJXUwMDllJXUwMDE4JXUwMDE5JXUwMDAz
, o mestre de Monte-Alto, ao acordeón. E M
JXUwMDM5JXUwMDBmJXUwMDFiJXUwMDU1JXUwMDYzJXUwMDJiJXUwMDA5JXUwMDBl
, o rapaz de Mano Negra, pillou a guitarra. Manu deu un par de voltas ao mundo, tocando no rock & roll, andaba por aquí collendo recortes.
(…)
“Con Mano Negra percorremos os Estados Unidos. Fomos tamén ao Xapón no outro lado do mundo. O rock & roll é o mesmo nos dous lados. Demasiado monótono”. Así che nos ten dito Manu algunha vez.
Herbón non é Nova York, nin moito menos Xapón. Éche o remolque dun tractor para armar melodía. Señoras, todas a bailar, moita farra de bochinche, as parras, as estrelas e o vinño. Pinto non daba feito, Pinto era feliz.”
.
Xurxo Souto, Fumareu, Edición Xerais, 1997, Vigo