Nos cursos Platega é posible cambiando (simulando) o rol Estudante e dese xeito ver o curso como se supón que o ven os estudantes.
Pasos:

Para volver ao teu rol:

As veces esta simulación non amosa exactamente o mesmo que ven os estudantes. Tamén podemos querer simular a actividade dun estudante entrando como un estudante real para, por exemplo, enviar unha tarefa para facer probas con esa tarefa como titor ou titora.
A interacción no curso como estudante real podemos practicala deste xeito:
Pasos:
1. Matricula no teu curso o "dummie" ou estudante real de probas: usuario.platega que ten a contrasinal Estudante21
Este contrasinal múdase cada tres meses incrementando o número final: Estudante21 > Estudante22 > Estudante23 etc... polo que se non funciona un vai probando cos seguintes.

Non matricules outros Dummies pois ao non ter o seu contrasinal non poderás identificarte e entrar no curso con el.
2. Emprega dous navegadores diferentes (ou ben dúas xanelas en navegación privada):
- Nun deles entra no curso e identifícate co teu usuario, no que terás o rol de titor ou titora.
- Noutro entra co dummie usuario.platega, no que terás o rol de estudante.
Deste xeito podes interactuar simultáneamente no curso que titorizas como titor/a nun navegador e como estudante no outro: por exemplo, para enviar unha tarefa como estudante e interactuar con ela como persoa titora.
Cando remates as probas desmatricula ao dummie:
