Cando navegamos por un curso Platega teñen que descargarse ao noso ordenador os seus contidos: texto, imaxes etc... para poder visualizalos. Evidentemente é máis lento ---lévalle máis tempo--- descargar unha imaxe que pesa 2.560 Kb (2,5 Mb) que outra de 66 Kb, como as empregadas máis abaixo para ilustrar isto.
Platega ten un serio problema de lentitude provocada, en grande medida, porque se empregan imaxes innecesariamente de alta resolución, moi pesadas, cando se poden obter resultados idénticos redimensionando esas imaxes ao tamaño real no que se amosará no curso, no paquete de contidos ou onde sexa... e cambiando o seu formato.
Supoñamos que queremos empregar a imaxe seguinte e co tamaño de 333 x 402 pixels (as tres amósanse a ese tamaño). Obsérvaas, aprecias diferenzas notabeis entre elas? A diferenza de calidade, xustifica empregar imaxes pesadas (as da esquerda)? (debaixo delas tes os seus datos)
![]() |
||
|
Tamaño real: 960 x 1.158 pixels Formato: PNG Peso: 2,5 Mb ou 2.560 Kb Amósase a tamaño: 333 x 402 pixels |
Tamaño real: 333 x 402 pixels Formato: PNG Peso: 324 KB Amósase a tamaño 333 x 402 pixels |
Tamaño real: 333 x 402 pixels Formato: JPG Peso: 66 Kb Amósase a tamaño 333 x 402 pixels |
Se a imaxe da esquerda a redimensionamos ao tamaño no que a amosaremos no curso (333 x 402 pixels) baixámoslle moitísimo o seu peso. E se, ademais, a cambiamos de formato PNG a JPG, reducímos o seu peso aínda máis.
Polo tanto, é evidente que interesa inserilas ao tamaño no que se van a amosar no curso e nun formato que, sen renunciar á calidade da imaxe, pese aìnda menos.
Deste xeito facilitaremos a navegación polo curso: os seus visitantes poderán navegar por el a maior velocidade.
Son moitos os editores de imaxe que podemos empregar para redimensionar e cambiar de formato... calquera deles vale. De seguido insírese un moi báisco e doado de manexar que non precisa instalarse no ordenador e ilústranse os pasos necesarios para redimensionar a imaxe e para cambiala de formato: Pinetools
Pasos

URL: https://pinetools.com/es/redimensionar-imagen Tamén podes usalo aquí:


