Os foros son o medio de comunicacón empregado máis habitualmente nun curso virtual. Cómpre subscribirse a eles de xeito que esteamos ao día das mensxes emitidas sen que iso nos sature o correo de mensaxes.

Configuración recomendada:

A subscrición automática a un foro pode producir a recepción de moitas mensaxes se o foro é moi activo. Pódese cambiar a configuración en calquera momento.
O seguimento do foro, resaltar as mensaxes novas, é moi necesario para localizar as novidades desde a última visita ao curso.