Os obradoiros son unha ferramenta de avaliación moi potente, permiten practicar a avaliación desde tres perspectivas: AUTOavaliación, COavaliación e HETEROavaliación. A confección dunha guía ou rúbrica o máis obxectiva posible, evitando criterios ambígüos ou interpretables pois empobrecerían as avalaicións practicadas. Aínda establecendo uns criterios obxectivos as avaliacións feitas polos participantes poden perder validez se se aplican os criterios sen o rigor necesario; algúns participantes tenden a ser moi xenerosos cando se autoavalían ou cando avalían a outras persoas pensando que son mellores compañeiros se lle dan unha cualificación superior á merecida. Nestes casos a coavaliación perde eficacia en canto non aporta a valoración entre iguais e, ademais, falsean as puntuacións.
Unha vez rematada a Fase de avaliacións a titoría pasa o obraroido á Fase de cualificación das avaliacións e calcula as cualificacións (premendo no botón calcular/recalcular as cualificación), como amosa a imaxe. Despois analiza as cualificacións. O habitual é atopar casos similares a este no que, con pequenas diferenzas, coinciden as cualificacións (autoavaliación e 3 coavaliacións; agáchanse os nomes e fotos por ser un caso real e indícase a autoavaliación cun A e as coavaliacións cun C). A titoría debe localizar, analizar a situación e axustar as cualificcións en casos coma este, no que as diferenzas son moi evidentes. Habitualmente son poucos os casos nos que debe intervir a titoría e rectificar aquelas cualificacións practicadas sen rigor.
As cualificacións obtidas nos obradoiros de auto e coavaliación serán máis obxectivas e axustadas aos criterios cantas máis persoas revisen cada traballo e canto maior sexa o número de criterios usados para avalialos. A imaxe corresponde a un Obradoiro no que participan dúas persoas (cada unha ten a súa autoavaliación e unha coavaliación) e aplícase un único criterio con tres niveis de logro, 0, 1 e 2 puntos o que fai que as cualificacións posibles para o traballo sexan 0, 35 e 70 puntos ou 0, 15 e 30 para as avaliacións feitas. As cualificacións serían máis realistas se cada traballo recibira 4 ou 5 coavaliacións, ademais da autoavaliación, empregando 3, 4, 5... criterios de corrección.

Curiosamente ambos teñen as mesmas cualificacións tanto no traballo enviado (53) coma na valoración das cualificacións feitas (30) cando, aténdose aos criterios de valoración, o participante A ten un traballo impecable e avalía correctamente e o B presenta un traballo incompleto e valora sen obxetividade.
Durante a Fase de cualificación das avaliacións a titoría debe detectar e rectificar casos coma estes. Para elo,
![]()
1. Prememos enriba da cualificación que imos rectificar
2. Axustamos a cualificación:

Temos varias posibilidades:
- 1. Anular cualificacións é dicir, ponderar por 0
- 2. Aumentar as ponderacións. En principio pondérase por 1 pero é posible chegar a ponderar ata por 16.
- 3. Avaliar nós, a titoría fai unha avaliación e mesmo pode ponderala polo valor que estime axeitado. Para avaliar, prememos no título do envío e amósase o botón Avaliar

Por exemplo, no caso que vimos comentando imos
- Ponderar por 2 a autoavaliación do participante A, para que pese o dobre e compensar a cualificación feita por B
- Anular (ponderación 0) a autoavaliación do participante B
- Introducir a avaliación da titoría dándolle un peso triple (poderación 3, por exemplo)
Unha vez feitos os axustes cómpre recalcula as cualificacións premendo en Volver calcular as cualificacións. E as novas cualificacións serán:

Podemos axustar as cualificacións das avaliacións variando a puntuación en "Anular a cualificación da avaliación". Nas imaxes deste exemplo o obradoiro está configurado con 30 puntos para cualificar as avaliacións e 70 puntos para cualificar o traballo enviado ou Entrega.
As veces as cousas non son tan sinxelas coma neste exemplo, pois interveñen máis de 3 ou 4 persoas avaliando a outra, e o problema non se resolve anulando cualificacións e semella ser máis axeitado aumentar a ponderación dalgún/s deles, por exemplo.
En fin, moitas son as posibilidades de axustar as cualificacións; experimenta para comprobar como pode facerse.
