Ponderación dos Módulos e das Tarefas
Determina a ponderación que van ter tanto os módulos como as tarefas no curso. Para iso, recolle as ponderacións na táboa do apartado Seguimento e desenvolvemento do curso na Guía do curso:

Exemplo de ponderacións dos módulos e tarefas dun curso real

Este cuadro de Avaliación corresponde a un curso real.
Asigna as ponderacións que estimes adecuadas para os módulo e para as tarefas de cada módulo. Este sistema de poneración é suficientemente flexible para adaptalo a cada caso particular.
Poderás revisar estas ponderacións cando o estimes necesario; normalmente revísanse antes dunha nova edición considerano os resultados de edicións anteriores.