Saltar navegación

Distribución dos bloques

No Inicio ou páxina principal do curso atopamos as primeiras diferenzas entre as versións de moodle 2.6 (antiga Platega) e a 3.5.5 (nova Platega). Compáraas para localizar as novas ubicacións das opcións e menús:

Antiga Platega

Portada dun curso. Versión 2.6

Menús e opcións que atopábamos nos bloques laterais Navegación, Administración, Calendario, Persoas (Participantes) e Mensaxes agora atópanse nos menús despregables da esquerda ou da dereita. Compáraas

Nova Platega

Portada dun curso. Versión 3.5

Calendario e Participantes aparecen por defecto no menú despregable da esquerda e, se así o configuramos, en Bloques da dereita.

Mensaxes agora aparece na barra da parte superior.