Saltar la navegación

6.5 - Configurar restricción de acceso

Os cursos virtuais creados con Moodle permiten configurar algunhas actividades e recursos condicionados á realización ou mesmo a superación dalgunha tarefa. Así podemos configurar secuencias ou itinerarios dentro do curso virtual que obrigan a realizar determinadas accións antes de realizar outras. Por exemplo, que consulten unha información antes de realizar unha tarefa. De tódolos xeitos, estes condicionantes non son moi fortes porque, por exemplo, se condicionamos o acceso a unha tarefa, foro... á visualización dun pdf, por exemplo, é suficiente con que o estudante entre e volva a saír no pdf para que o marque como completado aínda que non lera unha soa palabra. Aun así, ten interese usar o Acceso restrinxido e o Completado da actividade pois non so permiten crear itinerarios condicionados senón que tamén facilitan facer un seguimento dos estudantes moi doadamente a través dos Informes > Completado da actividade. 

Vexamos algún exemplo de configuración do acceso restrinxido.

2 - Na nova actividade, imos á sección "Restrinxir acceso" e engadimos unha restrición

3 - Seleccionamos a opción axeitada no menú

Outro exemplo interesante desta opción e crear unha actividade ou recurso específico para un grupo ou subgrupo.

4 - Indicamos os requisitos de acceso

5 - No menú "escoller" buscamo a actividade que debe ser completada e a seleccionamos

Finalmente, gardamos a actividade e analizamos se xa aparece coa restricción engadida.

Exemplo de requisito

O Completado da actividade debe configurarse antes de crear condicións de acceso restrinxido.

Pódense fixar múltiplas resticcións. De ser así, a actividade unicamente se considerará completada cando se cumpran TODAS ou soamente UNHA delas (en base a como estea configurada a restricción de acceso.

Deste sinxelo xeito pódense configurar Tarefas, Bases de datos, Glosarios, Foros... dependendo do tipo de actividade teremos unhas condicións ou outras.



Departamento de Educacion dixital do CAFI
Obra derivada de Crear secuencias didácticas con Moodle, de A. Carracedo, Y. G. Ulla e P. Camarero
 
Vostede é libre de:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Non comercial — Non pode utilizar este material para propósitos comerciais.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)