Saltar navegación

Empaquetar contidos con eXeLearning

Logotipos do CAFI e de Platega.

eXeLearningNos cursos Platega amosaremos os contidos (texto, vídeos, infografías, pdf...) agrupados ou "empaquetados" de xeito ordenador pafra que evitar que aparezan diretamente na páxina principal ou portada do curso. Esta ven sendo o índice do curso onde aparecerán as ligazóns aos contidos, tarefas, canles de comunicación etc... acompañadas cando sexa necesario dalgún breve comentario indicativo do uso ou finalidade dese contido que oriente ao visitante do curso. Agruparemos contidos integrándoos nuns "contedores" que no sucesivo chamaremos "paquetes de contidos" e que ligaremos na páxina do curso. Para empaquetar contidos dispoñemos de tres recursos fundamentalmente: Páxinas e Libros de Moodle e tamén Paquetes de contidos creados con eXeLearning.

  • Unha Páxina de Moodle  "empaqueta" unha pequena cantidade de contidos; como o seu nome indica un tamaño de máis ou menos unha páxina para incluir nela Texto, ligazóns, vídeos, presentación, infografías, multimedias diversos etc...  
  • Un Libro de Moodle   "empaqueta" unha cantidade de contidos maior que unha páxina pois inclúe varias páxinas e ten unha árbore de navegación nun bloque lateral. 
  • Un paquete de eXeLearning "empaqueta" unha gran cantidade de contidos de todo tipo, conta cunha árbore de navegación e mesmo pode incluir actividades interactivas para autoavaliación. Por exemplo este paqueteque estás a ler agora mesmo. Neste caso publicado como páxina web.

Neste "paquete de contidos" imos ver como se crean paquetes de contidos con eXeLearning.


Departamento de educación dixital
Vostede é libre para:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso.
  • Non comercial — Non pode utilizar este material para propósitos comerciais.
  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)