Titorial capturas de pantalla
Inserir comentarios e figuras
Unha vez temos feita a captura de pantalla, no editor podemos incorporar todo tipo de elementos. Un dos que máis nos interesará serán as caixas de texto para engadir comentarios ás nosas capturas. Na parte superior da pantalla do editor temos una icona que nos permite introducir estas caixas. Unha vez creada podemos modificarlle:
- Dimensións
- Tipo, tamaño e cor de letra
- Aliñamento do texto
- Cor de fondo
- Nivel de transparencia
- ...

Nesa mesma barra superior temos a opción de inserir iconas (Stamps), frechas, autoformas, cadros de cor para resaltar unha zona da imaxe...

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0