Neste obradoiro preténdese analizar, dunha forma práctica e amena, o que de verdade significa a privacidade nas redes sociais a través da análise de varios casos de candente actualidade en relación cos nosos dereitos, os dos nosos menores e o difícil equilibrio entre a intimidade, a honra, a propia imaxe e a privacidade coa liberdade de información e de expresión ou a patria potestade, custodia e tutela. Educación e prevención de riscos e delitos na Rede e resposta a todas as interesantes preguntas que se susciten.
Impartido por Victor SalgadoSocio Director da firma referente en Galicia do dereito e as novas tecnoloxías, Pintos & Salgado Abogados, premiada en 2015 como “Boutique Data Protection Law Firm of the Year in Spain” por Global Law Experts, especializado desde 1997 en Dereito Informático e Comunitario e autor do blog “Abonauta”, nominado para o Premio ao mellor Blog Xurídico 2010 por Dereito en Red e a Editorial Bosch.
volver aos obradoiros