Personalizar a aprendizaxe. Aceptas o reto?

Ludificación e TIC

É posible levar á práctica unha personalización da aprendizaxe que se axuste aos diferentes perfís e ritmos de aprendizaxe do noso alumnado? Funciona a teoría de xogos na aula? Podemos apoiarnos na tecnoloxía para crear novos espazos sen que esta nos agobie? Estas son algunhas dos interrogantes que intentaremos respostar usando a máxima de aprender facendo ao longo deste obradoiro. Todo un reto. Anímaste?

Impartido por Charo Fernández Licenciada en informática pola Universidad Politécnica de Madrid e profesora de bacharelato dende o ano 1996, imparte as áreas de Tecnoloxías da Información e electrotecnia no Colexio Salesianos Atocha de Madrid. Colabora de maneira habitual co CRIF de las Acacias de Madrid e co INTEF na elaboración de materiais para a plataforma de formación na Rede e na titorización de cursos para a formación do profesorado. Involucrada en numerosas actividades relacionadas co uso das TIC en educación e a formación de profesores, participa na asociación Aulablog desde a súa creación en 2005 e cuxo obxectivo principal é promover a mellora significativa da calidade da educación nas nosas aulas e a creación de redes docentes.

volver aos obradoiros