Neste obradoiro imos poder empregar o EVA, crear contidos coa Ferramenta de autor… así como experimentar a forma de introducir e usar os contidos dixitais nas aulas. Profesorado e alumnado dos centros educativo poden desenvolver a súa actividade educativa diaria nun Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA) que lles permite acceder a recursos educativos dixitais. Os docentes podemos elaborar a nosa propia “mochila dixital” seleccionando a través desta plataforma dixital os contidos formativos incorporando os recursos do Punto Neutro, materiais complementarios, etc. Ademais, a Ferramenta de autor deseñada a medida vainos permitir crear contidos propios e personalizados para poder incorporalos ao EVA dunha forma sinxela.
Impartido por Mónica Mariño Callejo
Son a Directora do IES Alfredo Brañas de Carballo dende o ano 2011. Dende o curso 2012-2013 somos centro Abalar. Fomos centro piloto no Abalar Móbil e actualmente estamos traballando en moitas iniciativas relacionadas coas TIC (entre outras en ferramentas de autor).
Impartido por Manuel Ángel García GómezLicenciado en Filosofía con destino definitivo no IES Terra de Soneira de Vimianzo (A Coruña). Asesor Siega-Abalar da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) desde 2009 ata a actualidade. Relator en múltiples cursos de formación, xornadas, congresos, etc. relacionados coas TIC e a súa aplicación no ensino.
volver aos obradoiros