App-render con/sen programar

Creación de apps

Se tes unha idea, un proxecto, unha web, un espazo de contidos que queiras realizar e compartir co teu alumnado usando os seus dispositivos móbiles, neste obradoiro verás que é posible. Podes crear as túas apps de xeito sinxelo, tanto programando como sen programar, e levalas contigo no teu móbil.

Impartido por Esperanza GesteiraProfesora de Matemáticas no CPI Manuel Suárez Marquier. Teño experiencia como docente que utiliza as TICs nas aulas. A Web 2.0 cambiou para sempre a miña forma de entender a docencia, de dar as clases e de traballar nos centros. Teño experiencia como formadora en blogs, wikis, Moodle e GeoGebra, e varios artigos publicados sobre a miña experiencia na aula. Recibín dous premios nacionais, un pola personalización da aprendizaxe usando as TIC, no que presentei á comunidade as apps que realizamos co meu alumnado do IES Sánchez Cantón con App Inventor, e o segundo, un premio á colaboración entre centros docentes utilizando as TIC. Neste segundo caso tratábase dun proxecto de loita contra os incendios forestais no que colaborou o centro IES Daviña Rey.
http://www.edu.xunta.es/centros/cpimanuelsuarez

volver aos obradoiros