As TIC poñen ao alcance de docentes e estudantes a posibilidade de crear materiais dixitais dunha forma sinxela e económica, impensable hai só algúns anos. Iso ten unha incidencia na educación, de modo que están aparecendo novos modelos e novas metodoloxías. Neste obradoiro preténdese achegar aos docentes a diversas aplicacións de uso didáctico, tanto para ordenadores como para tabletas electrónicas, que poidan ser utilizadas en distintos niveis educativos.
Impartido porJoan PadrósBiólogo. Director e profesor do ámbito científico-técnico no centro público de formación de persoas adultas CFA Palau de Mar de Barcelona. Profesor colaborador da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Formador de formadores en diversas institucións. Autor de diversos materiais educativos e estudos sobre a implantación das TIC en educación. Ex-presidente da “Asociación Espiral, Educación y Tecnología".
volver aos obradoiros