Neste taller veremos, de forma práctica, as posibilidades que ofrecen os kits de LEGO Mindstorms para traballar a robótica na aula. Empregando como punto de partida robots na súa configuración básica, modificarémolos e programarémolos para levar a cabo diferentes retos nunha mesa de competición da First LEGO League.
Impartido por Javier ZunzuneguiSon licenciado en Ciencias Físicas pola USC e profesor de tecnoloxía no CPI dos Dices, en Rois. Levo traballando con kits de robótica na aula dende finais dos noventa, cando LEGO sacou ao mercado o seu primeiro set de LEGO Mindstorms. Como entrenador dos distintos equipos Tecnorois, teño participado con alumnos en diversas competicións escolares. Neste curso 2015-2016 o equipo Tecnorois 5.0, formado por cinco alumnos de terceiro da ESO, participará en Girona na final nacional da First Lego League.
volver aos obradoiros