Impresión 3D na Escola? Imaxinar, Crear, Cooperar, Motivar, Aprender

Impresión 3D

Neste obradoiro tentaremos dar a coñecer as bases da tecnoloxía de Impresión 3D e as súas posibilidades na educación. Realizaremos os pasos necesarios para chegar a imprimir en 3D. Traballando de xeito cooperativo imos deseñar sinxelos modelos 3D e preparalos para a súa impresión cunha Impresora 3D Open Hardware. Manexaredes a impresora de xeito básico e faredes unha impresión en 3D.

Impartido por César Fernández Riádigos, @cfriadigosDocente, por casualidade, ou non, dende o ano 1999. Aínda non cheguei a mestre. Actualmente Profesor de Tecnoloxía e TIC no IES de MEAÑO. Responsable de Innovación Educativa e dinamizador TIC do centro. Premio InspiraTics 2015 á Innovación Educativa. Formador de Profesores dende 2011. Os meus obxectivos persoais: aprender a dicir “non sei”, e intentar converterme en guía da aprendizaxe dos meus alumnos. Procurar aprender cos meus alumnos, para que eles poidan aprender comigo. “Permitir que os meus alumnos aprendan”: que se equivoquen, dubiden, imaxinen, cooperen…

volver aos obradoiros