image_blog

O docente no século XXI

A miúdo surxe unha pregunta clave; Cales son as necesidades actuais dos nosos docentes? Os profesores de hoxe en día necesitan unha formación específica que responda á época na que vivimos. Xa non basta saber ó dedillo tal ou cal matería como antaño. É necesario ir máis aló do mero concepto de especialista.A sociedade tecnolóxica, plural e globalizada que rodéános fai que o perfil profesional do docente teña que mudar axiña para por compartir co seus alumnos, compañeiros e familias as súas múltiples habilidades. Se queremos respostar ó marco europeo das competencias profesionais docentes, o profesor non debe centrarse tan só na súa materia ou curso, senón que debe exercer varios roles dependendo do momento no cal atópase. Así, debe ser un profesional cualificado e todoterreno que sepa solventar en cada momento as variadas situacións escolares con altas dosis de empatía, asertividade e sentido común.Neste momento, só queda adaptarse os novos cambios, materializalos e afrontalos con soltura, sen medos, noutras palabras, as prácticas docentes deben evolucionar e situarse nun nivel superior moi por encima do que estamos habituados a desenpeñar. Os cambios son incómodos e non son doados de levar a cabo pero xa temos a porta aberta para comenzar a facelos.

volver ao blog