Saltar navegación

Netiqueta nos cursos virtuais

A comunicación nun curso virtual realízase por medios electrónicos e empregando as canles de comunicación dispoñibles: foros, correo electrónico, redes sociais, mensaxería, chats... Nun curso virtual convén respectar as normas de netiqueta comunmente aceptadas pola comunidade internauta, e se consideramos o rol educador que desempeñamos, teremos a obriga de ensinar co exemplo.

A Netiqueta [1] (contracción do inglés network e do francés étiquette, etiqueta da rede) non é máis que una adaptación das regras de etiqueta do mundo real ás tecnoloxías e ao ambiente virtual. Da mesma maneira que existe un protocolo para os encontros físicos con persoas, a así chamada Netiqueta describe un protocolo que se debe utilizar ao establecer contacto electrónico. Comprende todas as formas de interacción directa e indirecta dunha persoa con outra nas redes sociais, no correo electrónico, nos foros, nos blogs, nos chat...

Mediateca e referencias webgráficas


    [1] Colaboradores de Galipedia. (2025, outubro 28). Netiqueta. Galipedia, a Wikipedia en galego. Recuperado o 28 de outubro de 2025, de http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Netiqueta&oldid=2924198

    Licenza Creative Commons
    Netiqueta nos cursos virtuais, de Gloria Rivas e Agustín Carracedo
    ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional
    Vostede é libre de:
    • Compartir — copiar e redistribuír o material en calquera medio ou formato
    • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

    ...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

    • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel, pero non de maneira que poida suxerir que a persoa licenciante o apoia a vostede ou o seu uso. Por exemplo:

    (Obra derivada de) Netiqueta nos cursos virtuais, de Gloria Rivas e Agustín Carracedo CC BY-SA 4.0

    • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)