Crear con Scratch

 A interfaz de Scratch

 

captura da interfaz de scratch, sobre a imaxe aparecen sinaladas as partes con números

1.- Escenario.
2.- Lista de obxectos.
3.- Botóns para amosar os bloques.
4.- Os diferentes bloques agrupados en categorías.
5.- Área de programación, espazo para arrastrar en encaixar os bloques.
6.- Pestanas das propiedades dos obxectos: programa, disfraces e sons.
7.- Menú e barra de ferramentas.
8.- Botóns para engadir novos obxectos: debuxos ou imaxes.
9.- Botóns para iniciar o programa.

 

O primeiro que debemos ter claro é que o obxectivo de Scratch non é ofrecer unha aplicación informática para que o profesorado elabore recursos educativos , senón  unha ferramenta de traballo para o alumnado. Máis importante que o produto final é o proceso de construción.

Titorial sobre a creación paso a paso dun programa que simula un piano. 

 

O programa en funcionamento.

Requisitos: complemento JAVA habilitado no navegador web.

Código fonte: piano.sb
Applet java para inserir nunha páxina HTML: ScratchApplet.jar