Introducimos contido

Para engadir contidos ó noso traballo únicamente debemos de fixar a nosa atención en dous puntos, o primeiro, o nodo seleccionado na árbore de contidos (xa que será nese nodo onde se "incrusten" os contidos que selecionemos), o segundo, o recadro de "iDevices" no que se atopa unha lista dos distintos tipos de contidos que podemos incluir.

 

 

 

 

Icona iDevice

Engadindo "información"

Para engadir texto (pode levar imaxes, ligazóns a sitios de internet, códigos embebidos...) temos dúas posibilidades entre os "iDevices", "Coñecemento previo" ou "Texto Libre", funcionalmente as súas diferencias son mínimas, o coñecemento previo pode presentar unha icona e un título que o diferenza, mentras que o "texto libre" non ten. O seu funcionamento é idéntico ainda que a utilidade pensada nun principio polos creadores de eXe sexa distinta da que aquí vamos dar.

Para que se faga unha idea, este texto que ahora está lendo é un "Coñecemento previo", mentras que o parágrafo inicial, coa imaxe do recadro dos "iDevices" é un "Texto Libre", práticamente a diferencia é meramente "estética".

Neste caso, escolleremos "Coñecemento previo", lembre que, no noso exemplo, vamos a introducir "información" sobre os mamíferos para o que, previamente, teremos seleccionado este nodo do 2º nivel no de "mamíferos".

Como pode observar nesta animación o seu manexo non é moi distinto ó de un procesador de textos, ainda que se trata dun xeito moi sinxelo. Fíxese na inserción de ligazóns (sempre darán un valor "extra" ó seu texto).

 

 

ahora preste especial atención á inclusión de imaxes no seu texto e ás súas propiedades, existen outras posibilidades que, pola limitación temporal deste módulo, non se tratarán.

 

 

 

So quedará premer sobre a icona de validación verde para rematar a edición do noso texto no apartado de información.