Que ferramentas preciso?
Para desenvolver esta metodoloxía na aula non precisamos máis que un procesador de textos para crear a proposta cos enlaces correspondentes. Logo, gardando o documento en formato PDF ou HTML o podemos colocar na web do centro ou en calquera blog, wiki ou disco virtual aos que teñamos acceso. Incluso poñéndoa nos ordenadores dos alumnos/as xa teríamos resolta a cuestión.
De todos os xeitos cando a experiencia sexa valorada positivamente animádevos a compartir o voso traballo na rede co resto do profesorado.
O proceso de creación de WebQuest será abordado, non obstante, no nivel avanzado do itinerario, no que se verán tamén ferramentas da web que facilitan esta labor.