Capturando a pantalla
Para desenvolver algunha das tarefas propostas nos módulos deste curso é preciso facer capturas
de pantalla.
Para iso segue estes pasos:
- Se tes a ventá que queres capturar a tamaño completo, ou o que queres é capturar toda a pantalla, preme na tecla "Impr Pant" que podes atopar na maioría dos teclados na zona intermedia entre o teclado do alfabeto e o dos números, na parte superior á esquerda. Con isto creamos unha imaxe que queda almacenada temporalmente na memoria ou portapapeis do noso equipo.
- Se a ventá ocupa unha parte da pantalla preme primeiro sobre a ventá que queres capturar, logo preme a combinación de teclas "Alt+Impr Pant" ao mesmo tempo. Só se captura a ventá seleccionada, non toda a pantalla.
- Abre un programa de tratamento da imaxe, como Paint ou similar (ou vai a este enderezo e faino na web "Photo editor").
- Pega o contido do portapapeis no mesmo (menú "edición", opción "pegar" ou utiliza a combinación de teclado "Ctrl+V").
- Garda a imaxe con formato "jpg" ou "png" (menú "arquivo", opción "gardar como").