Consideracións previas
Cada computador do noso centro ten un IP formado por catro grupos de dixitos (x.y.z.d) separados por puntos. Os tres primeiros son comúns a todo o centro e o último grupo é específico de cada equipo conectado á rede.
Cando queremos conectar calquera dispositivo a rede sexa un ordenador de sobre_mesa, sexa un portátil ou un teléfono móbil debemos asignarlle unha IP.
Os IP de cada centro están asigandos de acordo cos criterios marcados pola Consellería de Educación polo que antes de conectar calquera dispositivo debemos os contactar co administrador da rede no noso centro e el nos asignará un IP.
Independentemente do equipo que sexa, do sistema operativo ou do tipo de rede debemos completar os datos seguintes IP [1], máscara de subrede [2],
porta de enlace predeterminada [3], e os DNS [4]:
Todos estes datos serán facilitados no Esquema de direccionamento IP específico do
centro educativo, e que deberá ser entregado por parte da Consellería de Educación.
Enderezo IP [1]:
Os datos x y z obtéñense do esquema de direccionamento IP.
Estes números estarán comprendidos entre os valores numéricos 0 e 255.
Dado que a rede sen fíos pertence á rede docente, o dato d deberá ser un valor válido da
configuración de ordenadores dentro da rede docente, é dicir, será un número entre 71 e
234.
Nota:
Hai que ter especial coidado con non utilizar un valor de enderezo IP xa empregado en outro
ordenador ou periférico, pois non poden existir dous equipos có mesmo enderezo IP dentro
da mesma rede. Velaí a importancia de existir un esquema de direccionamento IP e a
necesidade de coñecer qué enderezos IP están xa a ser utilizados nun centro.
Máscara de subrede [2]:
Salvo que se indique o contrario no esquema de direccionamento IP citado con
anterioridade, a máscara de subrede será sempre o valor 255.255.255.0 .
Porta de enlace predeterminada [3]:
Será o enderezo IP do router ADSL ou RDSI que teña o centro. Dito enderezo IP virá
indicado igualmente no esquema de direccionamento IP como (Gateway), x.y.z.1. (Onde "x
y z" serán valores numéricos comprendidos entre 0 e 255).
Os DNS [4]:
Por defecto sempre se deberán usar os enderezos IP dos DNS da Xunta de Galicia. Os
enderezos IP do servidor DNS primario e secundario serán 69.50.2.190 e 69.50.2.180
respectivamente, tal e como se mostra na Figura 6.
Unha vez enchidos todos os campos, debemos facer clic co rato no botón Aceptar.