Sincronizar
Firefox pódese instalar en distintos tipos de dispositivos. Polo tanto é posible utilizalo, por exemplo, en móbiles. Esta é a razón pola cal creouse Sync.
Sync permite sincronizar a actividade de Firefox almacenada no teu equipo habitual coa do móbil e viceversa. Deste xeito, aínda que acabes de comprarche o terminal, poderás dispoñer de todos os teus historiais, contrasinais gardadas, marcadores e demais contidos, facéndoche máis fácil a navegación.
Para utilizar esta función é necesario crearse unha conta Sync. Ao facer clic en Firefox > Configurar Sync abrirase unha fiestra que nos permite acceder ao servizo ou ben darnos de alta gratuitamente reenchendo un pequeno formulario.