OpenOffice 3

OpenOffice
 
Módulo 3. Impress
calc

8. Elementos Multimedia.

OpenOffice Impress tamén nos permite inserir elementos multimedia mentres deseñamos diapositivas.

Para inserir son ou vídeo nunha presentación, en primeiro lugar escollemos a presentación onde queremos inserir o elemento multimedia; a continuación desde o menú "Inserir" / "Vídeo e son"; despois, desde unha ventá, indicamos a ruta do ficheiro de audio ou de vídeo que queremos escoller e prememos na opción "Abrir".

Si o que queremos é inserir unha pista dun CD de audio debemos seguir o mesmo procedemento.

 

NOTA

Recomendamos crear un cartafol e gardar nel a presentación e os ficheiros multimedia que vas a usar na presentación para poder executala noutro ordenador sen romper as ligazóns.

 

Titoriais:
1.Como se inseren elementos multimedia nunha diapositiva?.

Actividade final do módulo:
1.- Crea unha presentación en formato ODP sobre unha unidade didáctica (5-10 diapositivas). A presentación deberá incluir imaxes e algún tipo de elemento multimedia como vídeo, son ou animacións. Para a realización da tarefa, crea un cartafol no que gardes tanto a presentación como os arquivos multimedia que usaches na mesma. Cando remates a presentación, comprime ese cartafol nun único arquivo que será o que envíes como tarefa do módulo.

2.- Indica no foro do módulo algunha das actividades que se poden realizar na aula con Impress.

<<anterior