| OpenOffice 3 | ||
| Módulo 3. Impress | ||
7. Traballar con gráficas.Para facer unha presentación, moitas veces utilízanse gráficas a modo de ilustración dado o seu grado de sinxeleza para esquematizar a información. Inserindo Gráficas... Para inserir unha gráfica nunha diapositiva temos que escoller as opcións no menú "Inserir" / "Gráfica". Deste xeito, Impress inserirá unha gráfica. Agora a barra de ferramentas cambia de aspecto e polo tanto cambian tamén as súas funcionalidades. Para acceder ós datos, prememos co botón dereito do rato sobre a gráfica e escollemos a opción "Táboa de datos da gráfica"; agora ábrese a ventá de datos do diagrama onde podemos cambiar os datos no que se basea a gráfica.
As filas están (Fila 1.,Fila 2....) representadas polo eixo X (horizontal) e as columnas polo eixo Y. Inserida a gráfica, non temos máis que modificar os datos a representar, situándonos sobre a cela que queiramos modificar, para despois cambiar o novo valor que inmediatamente aparecerá representado na gráfica. En todo caso, si precisamos importar ó Impress unha gráfica que xa temos elaborada, convertémola en imaxe primeiro e logo inserímola. | ||
| <<anterior | ||