Os detalles

Ao facer clic nun recurso educativo podemos realizar tres accións distintas:
  • Ver detalle. Infórmanos máis en profundidade sobre a actividade, título, tipo, autor, licenza... 
  •  Visualizar. Ábrenos a actividade para executala en liña. Pode ser para fins de avaliación ou para a súa execución completa. Se estamos buscando un recurso e só queremos ver se o actual nos serve, podemos premer sobre a ligazón co botón dereito do rato e faceer clic en "Abrir enlace nunha nova pestana". Deste xeito temos os resultados da busca nunha lapela e o recurso que estamos analizando noutra, o que é moito máis cómodo que navegar coa frecha "Anterior" do navegador.
  • Descargar. Unha vez que decidimos que a actividade nos serve, podemos optar por descargala para posteriormente subila a un servidor de centro ou para que se execute nun ordenador (que non teña acceso a internet, por exemplo). Deberemos ter en conta que neste caso teremos que facer tantas copias (en pen drive ou CD) como o número de ordenadores nos que queiramos executala simultáneamente.