O escritorio
Despois de instalar Windows XP, o primeiro que vemos en pantalla é o chamado "Escritorio". Nun primeiro lugar está case baleiro, como vemos na imaxe inferior.
Os elementos que podemos atopar no escritorio son os seguintes:
- O botón "Inicio" serve para "lanzar" aplicacións e para apagar o equipo, como veremos.
- Na barra de ferramentas atopamos accesos directos ou "atallos" aos programas que máis utilizamos. Podemos poñer cantos queiramos.
- A área de notificación amósanos iconas de programas que se están executando en segundo plano, como o reloxo
, o indicador de carga
(só en caso de portátiles), o regulador de volume de sonido
, a conexión de rede
, os dispositivos USB extraíbles conectados
, o antivirus... pode haber moitas iconas diferentes segundo o usuario e os programas que teña instalados.
A única icona que aparece sobre o escritorio é a papeleira de reciclaxe, á que enviamos o que queremos eliminar ANTES de borralo completamente.