Gravar e publicar

2.-Creamos os arquivos da actividade. Publicar . Arquivos jar e htm
Chega o momento de crear os arquivos que farán que a nosa actividade funcione autónomamente, a este feito chamamoslle "publicar", para elo podemos ir ó menú "Arquivo - Publicar" ou, si o prefire, o botón que amosa a "bola do mundo".

O proceso é semellante ó de gardarCreamos dous arquivos, únicamente que aquí vostede indicará un nome e se crearán dous arquivos que teñen o mesmo nome (recorde o das eñes, acentos...) pero un con extensión htm e outro jar. Os dous deben de estar sempre na mesma carpeta.

Con estes dous arquivos vostede ten unha actividade que funciona en servidores de internet, intranets educativas ou simplemente facendo doble-clic sobre o arquivo htm (páxina web). Pode copiar estes arquivos onde queira, memorias usb, disco duro doutro ordenador, carpetas compartidas, servidores web, etc, o único que precisará é que o ordenador teña un navegador web (Firefox, Explorer, Opera, Safari...), nin tan siquera terá que preocuparse de si ten Windows ou Linux instalado, como xa se comentou, o ordenador que execute únicamente terá que ter instalado o plugin de Java no navegador.

En próximos apartados deste curso se lle exporán as distintas opcións de "presentar" as actividades que vostede cree ós seus alumnos e o xeito de facelo.

 
Anterior