Fase de configuração

Cronograma de workshop com 5 fasesSaltar para tarefas atuais
Fase de configuração
Fase atual
  • Informações da tarefa O workshop está neste momento a ser configurado. Aguarde até que passe para a fase seguinte
Fase de envio dos trabalhos
  • Informações da tarefa O envio de trabalhos após data limite é permitido
Fase de avaliação
Fase de cálculo da avaliação
Fechado
Descrição

Os partidos políticos, en contra do que puidésemos pensar,  teñen unha recente vinculación coa democracia. Nos seus inicios, a democracia moderna tivo as súas primeiras experiencias sen a presenza de partidos tal e como hoxe os coñecemos. Non obstante, unha vez que os partidos xurdiron e se consolidaron, adquiriron unha vinculación íntima coa democracia representativa, de tal xeito que hoxe non se concibe ésta sen a existencia e a actuación dos partidos políticos.

En grupos de catro tedes que crear un partido político de ámbito escolar.

Pasos a realizar:

  • Decidir un nome para ese partido escolar. Tamén deseñar un logo e un estilo que o diferencie dos demáis partidos.
  • O ideario: que intereses ides defender?
  • Un programa electoral no que redactedes un mínimo de dez medidas que vos comprometedes a levar a cabo no caso de resultar elexidos.
  • Un discurso que acompañará ao cartel do programa eleitoral no momento da súa presentación. Debedes decidir quen realizará o discurso.
  • Estudar os programas eleitorais dos demáis partidos e elexir quen participará no debate defendendo o programa propio e indagando polos aspectos dubidosos dos outros programas.
  • Por último realizarase a votación para o cal precisaremos unha mesa eleitoral formada por tres alumnos/as elexidos por sorteo actuando un deles como presidente de mesa. Repartiremos papeletas a cada alumno/a de clase de todos os partidos creados menos do propio (para evitar que todos voten por sí mesmos). Votaremos en furna e a mesa eleitoral logo de facer o escrutinio proclamará ao partido elexido.

O traballo realizarase de xeito colaborativo pois non haberá un reparto de roles definido. Sen embargo deberán elexir por consenso quen será o encargado ou encargada de presentar o programa e quen o encargado de participar no debate cos demáis partidos escolares.

Ferramentas suxeridas:

Para darlle forma  ao programa electoral podedes utilizar: Writer ou Impress de LibreOffice.

Tamén algunha ferramenta online como Canva, Venngage, Piktochart, Infogram, Genial.ly, Visme, Easel.ly.


Pasos do Obradoiro:

Fase de envío:

1. Entrega un documento en pdf ou calquera outro formato con todo o pedido

Fase de avaliación:

2. Autoavaliar o teu traballo (un partido político co seu programa e cartelería).

3. Avaliar os traballos de dous grupos asignados ao chou.

Fase de cualificación das avaliacións

4. A titoría supervisará as auto e coavaliacións e as cualificacións.

Pechado:

5. Coñecerás as dúas cualificacións obtidas no Obradoiro:

    • A cualificación obtida polo voso traballo.
    • A cualificación das vosas avaliacións dos grupos asignados.

6. Le os comentarios que fixeron as compañeiras e compañeiros que coavaliaron o voso traballo.

______________________________________________________________________________________________________

Avalíanse as evidencias da adquición dos desempeños indicados nas tarefas auto e coavaliadas neste obradoiro segundo os indicadores de logro indicados en cada unha delas. 

Autoavaliación: Revisa o voso traballo aplicando os indicadores de logro de cada tarefa  e efectúa os cambios que fosen necesarios antes de que remate a fase de envíos ata que cumpran os indicadores de logro. Se tes algunha dúbida ou consulta sobre como realizar as tarefas formúlaa no Foro de consultas do tema. 

Intentos permitidos: 1 (o feito de coavaliarse nun obradoiro imposibilita poder realizar varios intentos). 

Coavaliación: Dous grupos e vos mesmo avaliaredes os traballos de dous deles, sempre aplicando os indicadores de logro indicados en cada caso. Nesta ocasión a rúbrica ten dous niveis: ou está ou non está feito. Non des por feitas tarefas que non estén realizadas correctamente pois isto induce a erro a quen llo corrixades, ademais de prexudicavos a vós mesmo na cualificación das vosas avaliacións.

Heteroavaliación: Revisarase pola titoría cando remate a fase de avaliacións aplicando os indicadores de logro.


O Obradoiro aporta dúas cualificacións:

    • Cualificación do traballo enviado: É a media das cualificacións recibidas polo voso traballo na auto e nas coavaliacións.
    • Cualificación das avaliacións feitas por vós: Calcúlase respecto da media das cualificacións recibidas polos traballos que vós avaliáchedes. A vosa cualificación calcúlase en función de canto se afasta a vosa avaliación da dos vosos pares, da valoración media dese traballo. Canto máis se achegue á media á cualificación que puxestes, maior será a vosa cualificación e canto máis se afaste da media peor será a vosa cualificación.