"Creamos un partido e o noso programa electoral" (Semana da Constitución e do Estatuto)
Fase de configuración
- Fase de configuraciónFase actual
- Información da tarefa Estase a configurar o obradoiro. Agarde ata que cambie á seguinte fase.
- Fase de entrega
- Información da tarefa Permítense entregas atrasadas
- Fase de avaliación
- Fase de cualificación das avaliacións
- Pechada
Os partidos políticos, en contra do que puidésemos pensar, teñen unha recente vinculación coa democracia. Nos seus inicios, a democracia moderna tivo as súas primeiras experiencias sen a presenza de partidos tal e como hoxe os coñecemos. Non obstante, unha vez que os partidos xurdiron e se consolidaron, adquiriron unha vinculación íntima coa democracia representativa, de tal xeito que hoxe non se concibe ésta sen a existencia e a actuación dos partidos políticos.
En grupos de catro tedes que crear un partido político de ámbito escolar.
Pasos a realizar:
- Decidir un nome para ese partido escolar. Tamén deseñar un logo e un estilo que o diferencie dos demáis partidos.
- O ideario: que intereses ides defender?
- Un programa electoral no que redactedes un mínimo de dez medidas que vos comprometedes a levar a cabo no caso de resultar elexidos.
- Un discurso que acompañará ao cartel do programa eleitoral no momento da súa presentación. Debedes decidir quen realizará o discurso.
- Estudar os programas eleitorais dos demáis partidos e elexir quen participará no debate defendendo o programa propio e indagando polos aspectos dubidosos dos outros programas.
- Por último realizarase a votación para o cal precisaremos unha mesa eleitoral formada por tres alumnos/as elexidos por sorteo actuando un deles como presidente de mesa. Repartiremos papeletas a cada alumno/a de clase de todos os partidos creados menos do propio (para evitar que todos voten por sí mesmos). Votaremos en furna e a mesa eleitoral logo de facer o escrutinio proclamará ao partido elexido.
O traballo realizarase de xeito colaborativo pois non haberá un reparto de roles definido. Sen embargo deberán elexir por consenso quen será o encargado ou encargada de presentar o programa e quen o encargado de participar no debate cos demáis partidos escolares.
Ferramentas suxeridas:
Para darlle forma ao programa electoral podedes utilizar: Writer ou Impress de LibreOffice.
Tamén algunha ferramenta online como Canva, Venngage, Piktochart, Infogram, Genial.ly, Visme, Easel.ly.
Pasos do Obradoiro:
Fase de envío:
1. Entrega un documento en pdf ou calquera outro formato con todo o pedido
Fase de avaliación:
2. Autoavaliar o teu traballo (un partido político co seu programa e cartelería).
3. Avaliar os traballos de dous grupos asignados ao chou.
Fase de cualificación das avaliacións
4. A titoría supervisará as auto e coavaliacións e as cualificacións.
Pechado:
5. Coñecerás as dúas cualificacións obtidas no Obradoiro:
- A cualificación obtida polo voso traballo.
- A cualificación das vosas avaliacións dos grupos asignados.
- A cualificación obtida polo voso traballo.
6. Le os comentarios que fixeron as compañeiras e compañeiros que coavaliaron o voso traballo.
______________________________________________________________________________________________________
Avalíanse as evidencias da adquición dos desempeños indicados nas tarefas auto e coavaliadas neste obradoiro segundo os indicadores de logro indicados en cada unha delas.
Autoavaliación: Revisa o voso traballo aplicando os indicadores de logro de cada tarefa e efectúa os cambios que fosen necesarios antes de que remate a fase de envíos ata que cumpran os indicadores de logro. Se tes algunha dúbida ou consulta sobre como realizar as tarefas formúlaa no Foro de consultas do tema.
Intentos permitidos: 1 (o feito de coavaliarse nun obradoiro imposibilita poder realizar varios intentos).
Coavaliación: Dous grupos e vos mesmo avaliaredes os traballos de dous deles, sempre aplicando os indicadores de logro indicados en cada caso. Nesta ocasión a rúbrica ten dous niveis: ou está ou non está feito. Non des por feitas tarefas que non estén realizadas correctamente pois isto induce a erro a quen llo corrixades, ademais de prexudicavos a vós mesmo na cualificación das vosas avaliacións.
Heteroavaliación: Revisarase pola titoría cando remate a fase de avaliacións aplicando os indicadores de logro.
O Obradoiro aporta dúas cualificacións:
- Cualificación do traballo enviado: É a media das cualificacións recibidas polo voso traballo na auto e nas coavaliacións.
- Cualificación das avaliacións feitas por vós: Calcúlase respecto da media das cualificacións recibidas polos traballos que vós avaliáchedes. A vosa cualificación calcúlase en función de canto se afasta a vosa avaliación da dos vosos pares, da valoración media dese traballo. Canto máis se achegue á media á cualificación que puxestes, maior será a vosa cualificación e canto máis se afaste da media peor será a vosa cualificación.