Formación a distancia de coordinadores e coordinadoras das tecnoloxías da información e da comunicación en centros educativos.
Elaboración da Solución
Requisitos do completado
Elaborando a proposta escollida
Imos a crear a nosa enquisa creando un formulario con , logo enlazarémolo dende o noso sitio web da aula.
01-Creación da nosa enquisa en Google Docs
Empregamos a nosa conta de para identificarnos en . Podemos acceder dende a páxina de Google ou pinchando no logo. O tratarse dunha suite ofimática online podemos crear documentos de texto, follas de cálculo, presentacións, ... Creamos un formulario para a nosa enquisa, e as súas correspondentes preguntas, amosando os seus diferentes tipos. Aplicamos unha plantilla ó formulario.
02-Inserción da nosa enquisa no noso sitio educativo
Creamos unha nova páxina no noso sitio educativo para enlazar a enquisa. O formulario proporciónanos un código HTML que podemos inserir na nosa páxina. Adaptamos o tamaño do formulario para adaptalo o deseño do noso sitio educativo.
03-Cubrir a enquisa e obter os resultados
Unha vez que a enquisa estea accesible, calquera pode respondela, incluso un usuario desde o mesmo equipo pode respondela varias veces. Por iso puxemos o campo nome obrigatorio, así o ver os resultados podemos descartar respostas duplicadas ou erróneas.
04-Finalizar a aceptación das respostas e analizar os resultados
Cando decidamos podemos finalizar a aceptación das respostas, estas almacénanse nunha folla de cálculo que podemos manipular. Podemos realizar gráficas e analizar os resultados.
Como resultado de tódolos pasos anteriores construímos a seguinte enquisa. Ten en conta que os seus contidos son só un exemplo.
Nota: Capturas feitas con
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM