Contidos a desenvolver
Requisitos do completado
Os contidos a desenvolver nesta terceira sesión son os seguintes:
- Programas multiplataforma.
- Formatos libres e formatos privativos (non libres).
- Descarga e instalación de programas (isto o veremos na práctica, ao instalar algún dos programas dos que falaremos durante a sesión).
- OpenOffice e LibreOffice. Dúas suites de oficina que antes eran unha.
- Uso do procesador de textos OO/LO-Writer (OpenOffice/LibreOffice-Writer) no entorno educativo.
- Estilos e creación de modelos en Writer para uso en elaboración de programacións, exames, etc.
- Fórmulas matemáticas en Writer.
- Inclusión de partituras musicales en Writer.
- Correctores ortográficos en Writer.
- Extensións para Writer.
- O navegador libre Firefox.
- Instalación de motores de búsqueda de interés no ensino: diccionario da RAE, diccionario da Real Academia Galega (DRAG), Wikipedia en castelán, Wikipedia en galego, etc.
- Extensións útiles para profesores en Firefox: Scrapbook.
- Cliente de correo electrónico Thunderbird.
- Editor de vídeo OpenShot (non multiplataforma), moi doado de usar.
- Creación sinxela de vídeos a partir de fotos e arquivos de vídeo.
- O manipulador de imaxes libre Gimp.
- Pequenas tarefas de uso diario co Gimp: cortar imaxes, diminuír tamaño de imaxes, capturas de pantalla, etc.
- OpenOffice/LibreOffice:
- O manual de Writer para escritores, de Ricardo Gabriel Berlasso, é moi interesante pois o plantexa desde como estructurar un libro usando de xeito extensivo os estilos. Ten licenza CC-by-sa. Podes descargalo aquí.
- Os manuais máis completos de OO/LO son os que podemos descargar na web oficial de LibreOffice (inglés). Non están traducidos completamente ao castelán ou galego, mais si ao portugués, grazas á moi activa comunidade brasileira. Podes descargar os manuais en portugués do Brasil aquí.
- Aínda que algo vellos xa, aínda teñen unha validez xeral os manuais de iniciación a OpenOffice traducidos ao galego pola empresa galega Tegnix. Podes descargar aquí o zip con todos eles. Inclúe dous documentos adicados a estilos e modelos.
- Hai tamén moitos libros publicados sobre OO/LO. Un deles, algo xa antiguo, é esta guía práctica para usuarios (ed. Anaya Multimedia).
- Firefox:
- Para Firefox temos unha extensa axuda na propia web da Fundación Mozilla (castelán). Tamén esta outra (castelán).
- Para a extensión ScrapBook hai un manual, mais en inglés só. Podes descargalo aquí.
- OpenShot:
- O editor de vídeos OpenShot ten un tutorial moi sinxelo e moi doado de seguir na súa web (é basicamente o mesmo que temos no menú axuda da aplicación, pero está máis actualizado). Está en castelán e podes velo aquí.
- Gimp. Para o Gimp hai moita documentación na rede, así como libros impresos. Deixo as seguintes referencias:
- Manual de Gimp de José Sánchez Rodríguez e Julio Ruiz Palmero, en castelán. Podes descargar o PDF aquí (licenza CC-by-nc-sa).
- Tamén hai uns video-tutoriais moi bos do brasileiro Antônio “LedStyle” Cláudio. Están en portugués do Brasil. Podes velos en liña nesta web.
- Para libros, é interesante o libro "Edición de medios digitales con software libre", de Anaya, que está adicado ao Gimp, mais tamén ao programa de edición de audio Audacity e o programa de edición vectorial Inkscape.
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:55 PM