MAPAS CONCEPTUAIS

Licenza e autoría

Un "mapa conceptual" é un xeito de representar graficamente ideas ou conceptos que están relacionados dun xeito xerárquico (en orde de importancia). Non se dunha ferramenta para logo memorizala con todo detalle, senón de usalos para organizar o contido de estudo: de aí que se lle chame "mapa".

Como se fai un mapa conceptual?
  1. Aínda que obvio, o máis importante é ler coidadosamente o texto até entendelo con claridade. En caso de conter palabras de difícil significado, haberás de consultalas no dicionario.
  2. Localiza e subliña as ideas ou termos máis importantes (palabras crave) coas que elaborarás o mapa. Os títulos das preguntas, as palabras destacadas do texto... poden axudarnos a localizar eses conceptos clave.
  3. Determina a xerarquía (subordinación) deses conceptos.
  4. Establece as relacións que existen entre eles.
  5. Utiliza correctamente unha simboloxía gráfica (rectánguos, polígonos, óvalos, etc.). Para este último apartado imos empregar unha ferramenta web2.0: Coggle.
O bo desta ferramenta, entre outras cousas, é que permite traballar de xeito colaborativo.

A proposta é que, logo de ler o titorial de como facer un mapa conceptual con esta ferramenta (no exemplo faremos o mapa do Paleolítico), tentes facer ti un mapa conceptual do Neolítico.
Mapa conceptual

TITORIAL COGGLE

Última modificación: lunes, 21 de diciembre de 2015, 20:56