AS PRESENTACIÓNS EN gDRIVE.


log






Deixabamos as ferramentas de Drive falando das posibilidades dos documentos, pero xa puidemos comprobar que cando facemos clic no botón crear temos outras posibilidades máis aló de elaborar documentos de texto. Neste obradoiro deterémonos en concreto nunha ferramenta moi útil para usala na aula de Ciencias Sociais e tamén nas restantes materias: as presentacións de gDrive.



A continuación deixámosche un sinxelo titorial sobre creación de presentacións en Drive.





Fíxate que, do mesmo xeito que se podían compartir os documentos para a elaboración de actividades en grupo ou para entregar traballos sen necesidade de recurrir aos arquivos adxuntos no correo electrónico, as presentacións de gDrive tamén se poden compartir seguindo os mesmos pasos que xa coñeces.

Ollo!! Antes de comezar a facer presentacións debes saber que non todas as imaxes que están na web se poden empregar nelas, posto que están protexidas polos dereitos de autor. Para solucionar ese problemas están as licenzas Creative Commons (CC), das que podes obter información sobre en que consisten e como empregalas no seguinte titorial.



Actividade práctica: Presentación sobre un risco.

Realiza unha presentación sobre un risco natural ou un risco antrópico nun máximo de sete diapositivas que conteñan:

· Definición do risco.

· Explicación das súas causas.

· Exemplos concretos dese tipo de risco.

· Lugares web empregados.


En canto remates podes compartilo coa conta de gmail do profesor/a.




Última modificación: lunes, 21 de diciembre de 2015, 20:56