Antonio Omatos - Identidade dixital e redes sociais na educación
Requisitos do completado
ANTONIO OMATOS SORIA:
Identidade dixital e redes sociais na educación
Identidade dixital e redes sociais na educación
RESUMO: Vivimos nun mundo onde Internet adquiriu un protagonismo indiscutible. Case ninguén pode vivir de costas á rede e, polo tanto, cada vez vivimos máis dentro da rede. A nosa participación é maior, o que conleva a creación dunha pegada dixital que vai crecendo en protagonismo. Esta participación nun medio novo como é a rede supuxo a redefinición de conceptos como é o da identidade ao crearse unha parte de dita identidade dentro da rede. A esta parte da identidade chámaselle Identidade Dixital.
É un feito indiscutible que cada vez ten máis importancia nas nosas vidas a nosa identidade dixital ou, máis concretamente, a nosa reputación dixital. As empresas cada vez usan máis as redes sociais para atopar persoal, para coñecer os seus traballadores, etc. Por outra parte, tamén sabemos que, ademais das múltiples vantaxes que nos proporcionan as redes nas relacións persoais, existen unha serie de riscos que non debemos ignorar desde a educación como o ciberbullyng, o sexting, etc.
Os alumnos están cada vez máis nas redes sociais, adentrándose nun mundo novo, acompañados maioritariamente por iguais. Podemos ante esta problemática facer algo desde a educación para acompañalos neste camiño. En consecuencia, a educación non pode mirar cara a outro lado e temos que educar os nosos alumnos no uso responsable das redes sociais para que eles sexan máis libres. Pois pódese ser libre e responsable á vez.
Ver presentación (pdf)
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 8:56 PM